O inicio do percorrido turístico polo centro de Salvaterra, parte desde a ampla e buliciosa Praza da Constitución, onde se atopa o nobre e moderno Concello de Salvaterra de Miño.
A poucos metros a pé, e xusto á beira do río Miño, que ao seu paso pola localidade fai as veces de fronteira natural con Portugal, é posible admirar a maxestosidade da súa impoñente Fortaleza. Esta construción pétrea érguese desafiante sobre un pequeno promontorio, lugar desde o que o visitante pode gozar dunha das mellores vistas panorámicas da vila.
Os seus robustas murallas
datan do século XVII e dan acubillo a edificios de gran riqueza arquitectónica como a Igrexa de San Lorenzo, de fermosa fachada renacentista, a Capela da Oliva, curioso oratorio de estilo portugués que é, tamén, porta de acceso á Fortaleza e a Casa do Conde
cuxos orixes se remontan ao século XV.
Con todo, o edificio insignia de Salvaterra é o Castelo de Dona Urraca, que, xunto ao recinto amurallado, foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 1949, conformando un dos conxuntos históricos máis representativos de toda a comarca.
O Castelo de Dona Urraca consta de dúas plantas parellas nas que destacan as súas bóvedas aresta e a súa singular escaleira de caracol de dobre rampla que comunica as diferentes alturas deste inmoble histórico.
Na actualidade, este castelo, de orixe medieval, alberga, no seu interior, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea D.O. Rías Baixas, un dos maiores espazos de divulgación sobre a enoloxía e viticultura da Península Ibérica.