Praza da Constitución

Praza da Constitución


A Casa do concello de Salvaterra de Miño, deseñada polo arquitecto José Luis Pereiro, foi inaugurada o 29 de marzo de 2003. O edificio, similar a edificios institucionais como a Deputación Provincial de Pontevedra, segue un estilo arquitectónico tradicional no que predominan liñas simples e austeras.

Trátase dunha construción moderna na que destaca o sistema de intercomunicación interior e o aproveitamento de luz exterior. Ademais, conta con salas de espera na maioría dos departamentos para a comodidade dos cidadáns e usuarios.

Mención especial merecen tanto o pasamán da escaleira principal, cuxo peculiar detalle decorativo lembra a cepas de vide, como o mural que se atopa no Salón de Plenos, obra do artista monçanense Puskas que ilustra os diferentes episodios da historia de Salvaterra.

Elementos que compoñen o noso escudo
  1. O ceo, representado en azul.
  2. Montañas en faixas, representadas ao natural onde nace o río. Que esteen dispostas en faixas significa que é un elemento que corta o escudo en horizontal, sendo a súa anchura dun terzo do total.
  3. O río, tamén en azul en pau movente. O pau é a peza que divide o escudo en dous partes. Movente significa que unha elementos que sae dun ángulo, punta ou flancos do escudo. O río vai cara á súa desembocadura.
  4. Na parte dereita, un forte de prata mazonada (representan as xuntas das pedras), terrasada (elementos da cuberta) e donxonada (refírese a que arriba da torre máis grande levantouse unha de menor tamaño). As portas e xanelas represéntanse nunha cor distinta, en sabre.
  5. Na parte esquerda outro forte de prata mazonada e terrasada.
  6. Presidindo todo o conxunto, unha coroa real pechada.

Os dous fortes representados fan referencia ás prazas de Salvaterra e Monçao, que como sabemos están separadas polo curso do río Miño.
Localización

Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Salvaterra de Miño (San Lorenzo)
Lugar: Praza da Constitución, nº1
Coordenadas: Lat. 42.0832, Lon. -8.4982

PARA MÁIS INFORMACIÓN
986 658 126 - 986 658 082
info@concellodesalvaterra.org
Volver
Share by: