01 Nome
O NOSO POBO NON SEMPRE FOI COÑECIDO COMO SALVATERRA?
De feito, o actual topónimo procede da época do rei Fernando II de León ( s. XII) quen deu a orde de fortificar o lugar e amurallalo co fin de “poñer a salvo as terras de invasións lusitanas”. Ata ese momento Salvaterra era coñecida como Lacedorium ou a súa forma posterior Lazoiro que segundo o experto en toponimia Gerardo Sacau viría significar “lugar de augas ou ríos”.
02
Antigüidade
SALVATERRA É COÑECIDA POR SER UNHA DAS VILAS MÁIS ANTIGAS DO SUR DE GALICIA?
De feito, os primeiros documentos atopados que testemuñan a súa existencia son do século X, durante o reinado de Bermudo II. Este monarca redactou un documento no ano 991, no cal aparece nomeado o territorio de Lacedorium (antigo topónimo de Salvaterra) como parte dunha asignación de territorios á igrexa compostelá. Esta vinculación mantívose ata fai relativamente pouco, debido a que ata o século XIX os veciños da vila pagaban o diezmo, á igrexa santiaguesa.
É esa a razón pola cal cando falamos de Salvaterra referímonos a ela como “vila milenaria”.
03 Portugal
SALVATERRA PERTENCEU A PORTUGAL?
Si, entre 1643 e 1659 Salvaterra estivo en mans portuguesas.
No marco da Guerra de Restauración portuguesa, territorios fronteirizos como o da nosa vila foron clave nas loitas dos lusos para afianzar a súa independencia da España de Felipe II.
Un enfrontamento no cal xogaron un papel decisivo as incursións desde o río Miño, en barcos cargados de infantes lusos.
Ocupada Salvaterra, só sería liberada tras a ocupación por parte dos españois das prazas lusas de Lapela e Monçao.
04 Recinto Amurallado
AOS PORTUGUESES DEBÉMOSLLE A CONFIGURACIÓN DO RECINTO AMURALLADO DA NOSA VILLA?
Efectivamente, durante a ocupación de Salvaterra por parte dos lusos estes déronse conta do mal estado no que se atopaban os antigos parapetos defensivos da vila, polo que os reconstruíron alzando un novo sistema amurallado.
A nova muralla estaba pensada para evitar un ataque dende terra. O progreso no uso da pólvora e das armas mecánicas (canóns) obrigou a transformar as estruturas defensivas e a introducir novos elementos arquitectónicos como os baluartes.
05 Orquidiario
NO PARQUE DE “A CANUDA” ATÓPASE O ORQUIDIARIO MÁIS GRANDE DE GALICIA?
Dentro do noso gran parque público, un sitio especial ocúpano as máis de 200 especies que durante todo o ano viven nun recinto adaptado ás súas condicións.
Por outra banda, no mes de setembro celébrase no mesmo parque de “ A Canuda” unha feira-exposición con máis de 2000 especies das que gozan os afeccionados destas plantas.
06 Portal da Inquisición
NA PARROQUIA DE CORZÁNS ATÓPASE UN PORTAL COÑECIDO COMO “PORTALÓN DÁ INQUISICIÓN”?
No lugar “dá Inquisición” podemos visitar a entrada belamente brasonada e recentemente restaurada dunha casa mandada erixir polo Inquisidor do Santo Oficio, Don Bartolomeu Barbeito y Padrón, no ano 1688.
Esta casa, da cal só se conserva parte da estrutura orixinal, foi mandada levantar polo inquisidor como lugar de repouso para os clérigos da súa familia e para a formación de novos eclesiásticos a falta deles.
07 Museo da Ciencia do Viño
EN SALVATERRA TEMOS UN DOS MUSEOS DO VIÑO MÁIS INTERACTIVOS DE ESPAÑA?
No interior dun dos enclaves históricos máis importantes do sur de Galicia, o Castelo de Dona Urraca, hoxe en día expóñense da forma máis interactiva e didáctica unha serie de contidos relacionados co mundo do viño e dos nosos caldos máis recoñecidos como o albariño ou os viños do Condado.
O visitante, a través dunha serie de pantallas táctiles e xogos aprenderá como se elaboran os nosos caldos, cales son os traballos que se levan a cabo no viñedo ou cales son as enfermidades que afectan as nosas plantacións.
08 Escaleira de caracol
DENTRO DO CASTELO DE DONA PEGA RABILONGA ATÓPASE UN EXEMPLO ÚNICO DE ESCALEIRA DE CARACOL DE DOBRE RAMPLA E UN SÓ EIXO?
Como dicimos é este un exemplo único de solución arquitectónica que axuda a comunicar os tres niveles do castelo.
Partindo dun só eixo levántanse dúas escaleiras de caracol sen comunicación entre elas, desembocando cada unha a unha porta diferente en cada estancia.
Para o visitante é curioso observar como o teito dunha das escaleiras é o chan da outra.
09
Túnel segredo
CONTA A LENDA QUE DENTRO DO CASTELO HAI UN TUNEL SEGREDO QUE CRUZA O RÍO MIÑO CARA A PORTUGAL?
Segundo a tradición oral da zona, o pozo que hai na planta inferior do Castelo de Dona Urraca era o punto de partida dun túnel que a raíña Urraca utilizaba para cruzar cara a Portugal por baixo do río Miño.
10 Lamprea
UN DOS MANXARES MÁIS APRECIADOS POLOS SALVATERRENSES E POLOS nosos VISITANTES É UN PEIXE QUE POUCO EVOLUCIONOU DESDE A ÉPOCA DOS DINOSAUROS?
Falamos da lamprea, un habitante dos nosos ríos cuxa estraña aparencia sorprende e fascina a partes iguais.
De corpo xelatinoso, cilíndrico, sen escamas e moi esvaradío, é quizais, a súa boca o que provoca máis curiosidade e é que non posúe mandíbulas xa que parasita a outros animais na auga.
En Salvaterra dous son os ríos onde se captura, o Miño dende tempos inmemoriais péscase en estruturas de pedra coñecidas como pesqueiras e no Tea onde cada ano centos de pescadores armados dunha “ fisga” empolícanse cada noite nunha estrutura de madeira e ferro (estacadas) sobre o río para capturalas.
A gran variedade de pratos elaborados coa lamprea fan deste produto uno dos máis versátiles da nosa gastronomía local. En empanada, á Bordalesa, rechea ou asada seguro que a lamprea fará as delicias dos amantes do bo comer.
11 Termas de Teáns
EN SALVATERRA TEMOS As TERMAS PÚBLICAS EN EXTERIOR, MÁIS GRANDES DE GALICIA?
Este recinto termal situado na parroquia de Oleiros, á beira do río Miño, aproveita o manancial de Teáns. As súas augas de tipo sulfuroso xa foron recoñecidas polo seu interese para o uso público como destaca o médico e erudito Nicolás Taboada Leal na súa obra "Descrición topográfica histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores" de 1877".
O conxunto consta de 4 pozas para o baño, tres de gran tamaño e unha máis pequena.
A auga foi declarada mineromedicinal e termal, previo informe favorable do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, pola Xunta de Galicia.
12 O Contrabando
ENTRE SALVATERRA E O NORTE DE PORTUGAL EXISTÍU UN INTENSO CONTRABANDO CLANDESTINO NAS DÉCADAS DE 1950-1960?
O río Miño que aquí en Salvaterra tamén serve de fronteira natural con Portugal foi durante estas décadas punto neurálxico dunha frenética actividade clandestina, o “Estraperlo”.
Tanto en España como en Portugal as décadas centrais do século XX foron épocas de grandes carestías propiciadas polas durísimas condicións de vida impostas polos réximes ditatoriais de Franco e Salazar. En España a cruel crise económica derivada da Guerra Civil provocou a carestía de determinados produtos que de forma clandestina foron provistos ós mercados polos habitantes de Salvaterra que se dedicaban ó “negocio” do contrabando.
Café, cobre, chapa ou azucre eran os produtos mais apreciados polas mulleres e homes que cruzaban o Miño a pé ou en barca, para incrementar os seus ingresos e así mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.