Igrexa de San Lorenzo

Igrexa de San Lorenzo


Ten as súas orixes na antiga capela militar do Castelo de Salvaterra pero non será ata finais do século XVI, cando se constitúa como centro parroquial. 

Destaca nela a súa fachada renacentista na que se sitúa unha pequena escultura do patrón da vila, San Lourenzo. 

Na base das columnas da portada consérvanse varios relevos de simboloxía armamentística e brasóns nobiliarios, mostras da ocupación portuguesa. 

No interior, unha gran figura do Santo Cristo da Vitoria do ano 1732, lembra os duros enfrontamentos que noutro tempo producíronse neste territorio fronteirizo e a vitoria dos casteláns sobre os lusos. 

Galería fotográfica
Localización

Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Salvaterra de Miño (San Lorenzo)
Lugar: Praza do Castelo
Coordenadas: Lat. 42.0809, Lon. -8.4958

PARA MÁIS INFORMACIÓN
986 658 126 - 617 148 866
turismo@concellodesalvaterra.org
Volver
Share by: