Q de calidade galega

Q de Calidade Turística 


O ESPAZO PÚBLICO SINGULAR DE SALVATERRA DE MIÑO OBTÉN A MARCA “ Q DE CALIDADE TURÍSTICA”

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño, contorna conformada polo Museo da Ciencia do Viño e a Casa do Conde xa ostentan a Marca “Q de Calidade Turística”.

O conxunto arquitectónico conformado polo Museo da Ciencia do Viño e a Casa do Conde é un espazo de uso que destaca polo seu alto valor patrimonial, histórico e cultural, así como polo carácter divulgativo da súa actividade vitivinícola local. É unha realidade que, desde a inauguración deste espazo museístico, en febreiro do ano 2019, o municipio de Salvaterra de Miño está a converterse nun destino turístico de referencia tanto a nivel nacional como internacional.

A marca de garantía “ Q de Calidade Turística” é unha marca española de recoñecido prestixio dirixida á certificación voluntaria dos servizos turísticos. Este selo supón o recoñecemento da implantación dun sistema de xestión que garante aos clientes dos establecementos elevados niveis de calidade, tanto nas instalacións como nos servizos prestados. Esta distinción é expedida polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) e está amparada pola Secretaría de Estado de Turismo, contando co apoio da Xunta de Galicia, neste caso.

Unha organización turística obtén a “Q de Calidade Turística” cando evidencia o cumprimento dos requisitos técnicos que a súa norma correspondente ditamina. Ademais, os establecementos avalados con este distintivo teñen que pasar estritas auditorías que aseguran que a prestación de servizo é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade, co fin de asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible.
A obtención dá Marca implica, a nivel externo, para os establecementos un aumento da satisfacción dos seus clientes (fomentando a fidelización directa e indirecta), unha mellora na reputación da organización e a ostentación dun selo diferenciador fronte ao cliente potencial. A nivel interno, mellora a xestión e eficacia das actividades que se realizan, optimiza os recursos, motiva ao persoal e establece un sistema para controlar de forma eficaz o desempeño da organización.

En resumo, a marca “Q de Calidade Turística” achega aos establecementos turísticos adheridos que a ostentan prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e promoción.

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño, coa obtención deste distintivo de calidade, sobe un chanzo máis na súa meta cara á excelencia turística.


Volver
Share by: