Parroquia de "FIOLLEDO" 
 
 A parroquia atópase situada na ladeira do Monte Castelo, onde se conservan restos dun castro no lugar coñecido como “Monte dous  ladróns”, entre esta parroquia e a de Pesqueiras.
 
 O achado dunha  Lucerna romana de bronce, cunha curiosa asa en forma de cabeza de pato demostra que o territorio desta parroquia estivo habitado desde tempos antigos.
 
 A primeira referencia documental escrita desta parroquia atopámola na doazón do rei  Bermudo II o 24 de maio de 991. Neste primitivo documento recibe o nome de  Finuleito.
 
 Son orixinarios desta parroquia a familia dos  Avalle. A súa casa familiar atópase, estratexicamente, situada nas inmediacións do Monte Castelo. Esta familia tivo un papel destacado durante a loita contra os franceses durante a Guerra da Independencia e participaron nas loitas  carlistas como partidarios do infante don Carlos.
 
 	Iglesia  Parroquial de San Paio de Fiolledo
 
 	Calvario de Fiolledo
 
 	 Viacrucis de Fiolledo
 
 	 Cruceiro  do  Torreiro da Iglesia
 
 	 Cruceiro  do Souto  ou  do  eido de Lucita González
 
 	 Cruceiro e peto de ánimas  do  Ferrón
 
 	Peto de ánimas do lavadoiro de  Gumaro, A  Salgosa (desaparecido)
 
 Localización
Concello: 
 Salvaterra de Miño
Coordenadas: Lat. 42.0980  Lon. -8.4718
Datos de interés
| EXTENSIÓN | HABITANTES | PATRÓN | 
|---|---|---|
| 2,3 Km² | 248 | San Paio | 

 
  
  
 




