Trátase da segunda festa gastronómica máis antiga de Galicia, remontándose as súas orixes ao ano 1959.
Desde entón, vén celebrándose anualmente e de forma ininterrompida cada última fin de semana do mes de agosto. As diferentes actividades da festa teñen lugar no interior da rexia fortaleza de pedra, un marco incomparable no que gozar dos seus afamados caldos.
Durante os tres días de celebración da festa, é posible degustar este exquisito produto acompañándoo da rica gastronomía local. Paralelamente, durante os días de festa, sucédense exposicións, actuacións e concertos que amenizan estas xornadas enogastronómicas.
Ademais, os asistentes terán a oportunidade de degustar o viño branco “Condado do Tea”, un viño propio da subzona e amparado polos controis de calidade da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Un viño único, froito da combinación perfecta entre diferentes variedades autóctonas de uva e encomiado por mestres da gastronomía galega como o recoñecido escritor galego Álvaro Cunqueiro no seu libro “A cociña galega”.
Así mesmo, en cada edición desde o ano 2000, un grupo de expertos elixen os “Viños deliciosos do Ano”, un recoñecemento aos mellores viños da comarca do Condado do Tea e ao bo facer dos viticultores.
No ano 2016, a Festa do Viño do Condado do Tea foi declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia”.