Parroquia de "LOURIDO" 
 
 Acháronse restos arqueolóxicos no “monte dos Castros”, na ladeira coñecida como “pechado de Alonso”, onde se atopou diverso material de época castrexa e galaico-romana. Na ladeira meridional está localizada unha posible vila romana na que destaca a presenza dun “ hipocausto” ou dependencia cun sistema de climatización, que indica a importancia de Lourido durante a idade antiga.
Neste enclave existen varias lendas relacionadas cos  mouros e as súas riquezas que están protexidas mediante encantamentos.
Un sartego medieval foi recuperado en Lourido.
	Iglesia Parroquial de San Andrés de Lourido
	 Cruceiro da Igrexa de San Andrés
	 Cruceiro de  Cantarrá
	Cruz alta de  Abaixo
	Peto de ánimas de  Cantarrá
Localización
Concello: 
 Salvaterra de Miño
Coordenadas: Lat. 42.1281  Lon. -8.4876
Datos de interés
| EXTENSIÓN | HABITANTES | PATRÓN | 
|---|---|---|
| 1,6 Km² | 146 | San Andrés | 

 
  
  
 


