Salvaterra é unha vila pacífica e acolledora situada no sur da provincia de Pontevedra, entre as confluencias dos vales formados polos ríos Miño e Tea. Limita ao norte cos municipios de Ponteareas e Mondariz, ao leste cos de A Cañiza e As Neves, ao sur co río Miño, que o separa de Portugal e polo oeste con Salceda de Caselas e Tui. Xunto cos concellos veciños de Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario e Salceda de Caselas, forma a comarca de "O Condado". O termo municipal de Salvaterra de Miño ten unha extensión municipal de 61,79km² e máis de 10.000 habitantes distribuídos entre as súas 17 parroquias, que se distribúen do seguinte xeito: