Parroquia de "UMA" 
 
 A súa orografía é montañosa, cunha altitude máxima de 449 metros. 
 
 Non limita xeograficamente con ningunha parroquia de Salvaterra.
 
 Nos montes próximos nace o río  Uma que percorre gran parte do municipio de Salvaterra. A abundancia de regachos de auga xustifica a gran cantidade de muíños existentes desde a época moderna.
 
 Uma é unha das parroquias onde se atoparon máis restos arqueolóxicos. Os materiais atopados están en mans de particulares ou depositados no Museo municipal de Ponteareas.
 
 A súa primeira mención documental aparece na información dos Milagros de San Telmo, realizado no ano 1258 co nome de “ Deuma”.
 
 	Iglesia Parroquial de San Andrés de  Uma
 
 	 Cruceiro de San Andrés 
 
 	Tres cruces altas no camiño da Iglesia
 
 	Cruces de San Andrés 
 
 	Peto de ánimas de  Uma
 
 Localización
Concello: 
 Salvaterra de Miño
Coordenadas: Lat. 42.1677  Lon. -8.4142
Datos de interés
| EXTENSIÓN | HABITANTES | PATRÓN | 
|---|---|---|
| 3,5 Km² | 157 | San Andrés | 

 
  
  
 


