Parroquia Meder

Parroquia de "MEDER"


O seu territorio está bañado por pequenos regachos que nacen no monte de San Domedio. Son terras moi asolladas empregadas desde antigo para o cultivo da viña.

No plano arqueolóxico hai que destacar a presenza de varios túmulos megalíticos no lugar denominado “Tilleiro dás Mámoas” e restos dun poboado antigo no Castro.

A primeira mención documental ten carácter relixioso, trátase dunha partida de bens entre o cabido e o bispo de Tui, no ano 1196, na que xa figura co nome de Meder. A parroquia de Meder foi anexa de Leirado ata o ano 1800.

 Iglesia Parroquial de San Adrián de Meder
 Capela da Virxe da Luz
 Capela do Santo Cristo da Agonía dás Gándaras
 Viacrucis da Igrexa Parroquial
 Cruceiro do barrio da Luz
 Cruceiro de Ucha, Pazos
 Cruceiro de Chan
 Cruceiro de Nogueiró
 Cruceiro dá Serradela
 Cruz alta da Capela da Luz
 Peto de Ánimas de Chan

Localización

Concello: Salvaterra de Miño
Coordenadas: Lat. 42.1174  Lon. -8.4419

Datos de interés

EXTENSIÓN HABITANTES PATRÓN
4,0 Km² 449 San Adrián
Galería fotográfica
Volver
Share by: