Outras festas

Outros festivais do Concello de Salvaterra de Miño


FESTA GASTRONÓMICA DE "A CARNE O CALDEIRO"
 
Data: mes de maio.
Lugar: Celébrase no torreiro de festas de Fornelos da Ribeira.
Descrición: Haberá polbo á feira, Carne ao caldeiro, empanada, filloas caseiras. Grupo de gaitas e miniconcentración de coches clásicos. O pregón será a cargo sempre dalgunha persoa coñecida ou famosa, destacando entre os que estiveron ao director de cinema IGNACIO VILAR e como presentador da festa o actor RUBÉN RIÓS no ano 2015, e no 2016 ao presentador TELIO CARRERA.
 
FESTA DO SANTÍSIMO CRISTO DE LA VICTORIA
 
Data: Segunda fin de semana do mes de xuño.
Lugar: Praza do Castelo.
Descrición: A Festa do Cristo de Salvaterra é das máis importantes que se celebran no Concello, xa que é o patrón de Salvaterra de Miño. A celebración leva a cabo cunha misa solemne que se celebra as 12:00 horas en honra ao Santísimo coa súa posterior procesión. Ao final da misa ten lugar o Concerto da "Banda de música de Salvaterra" e outras Bandas da zona.
Pola noite ten lugar unha verbena que estará amenizada por grandes orquestras.
Tamén, ao longo da fin de semana sempre ten lugar algunha exposición nas Murallas da Raiña Dona Pega rabilonga.
 
FOGUEIRA DE SAN XOAN 

Data: 23 de xuño a partir das 20:00 horas.
Lugar: Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño.
Descrición: Todos os anos o Concello de Salvaterra de Miño organiza a súa tradicional fogueira de San Juán. Nesta festa, como tamén é tradicional, pódense degustar sardiñas asadas, pan e viño.
 
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
 
Data: 17 de maio.
Descrición: Co motivo do día das Letras Galegas, o Concello de Salvaterra sempre presenta actividades infantís sobre lectura, pintura e varias actividades relacionas cos libros. Tamén levan a cabo un concerto de Corais polas Letras Galegas.
 
FESTA DE "A SEMENTEIRA"
 
Data: mes de maio.
Lugar: Quinta de San Brais de Piñeiro ( Corzáns).
Descrición: Festa na que se rende tributo ás tradicionais formas de traballar a terra, tal e como facían antes os nosos avós.
A esta festa débese acudir con roupa de labrador. Nesta festa pódese atopar unha feira de artesanía, traballos de labranza e sementeira, así como unha comida campestre para os asistentes con carne ao caldeiro, polbo, xamón asado, empanada e viño da casa.
Tamén se pode gozar dunhas olimpíadas agrícolas que sempre se celebran pola tarde.

FESTA DO ENTROIDO
 
Data: A fin de semana de entroido.
Lugar: Rúas de Salvaterra e parada na Praza do Concello.
Descrición: O entroido en Salvaterra está pensado principalmente para os máis pequenos. Nesta festa levan a cabo actividades como: Desfile de Entroido, coa participación dos centros educativos de Salvaterra, Obradorio infantil de disfraces para nenos e nenas, Obradoiro infantil de máscaras para nenos e nenas, Festival infantil e Concurso de disfraces. Ao longo dos días de festa terán lugar diversos Xogos infantís.
 
FESTA DOS CALLOS DE FIOLLEDO
 
Data: mediados de xullo.
Lugar: Parque do Souto (fronte ao Centro Cultural)
Descrición: A parroquia de Fiolledo, leva celebrando esta festa desde o ano 2002. É unha festa organizada pola Comisión Prol-Festas Virxe do Carmen, con motivo da celebración do seu patrón San Paio. Serviranse racións de callos con pan, bebida e louza conmemorativa, todo iso cuns prezos razoables e comezan a servirse sobre as 11.00 horas. Ademais, tamén se despacharán racións de empanada. Logo ás 12.30 horas será a misa solemne con procesión. O xantar realízase debaixo dunha carpa instalada no Parque do Souto e amenízase sempre con algunha banda ou grupo de música da zona.
 
FESTA DO "VIÑO NOVO DE ARANTEI"

Data: mediados de Novembro.
Lugar: Pavillón de Deportes.
Descrición: Os veciños da parroquia de Arantei, celebran desde o ano 1999 a tradicional Festa do Viño Novo de Arantei, un evento gastronómico no que todos os asistentes poderán degustar os viños da nova colleita da zona. Os actos da festa comezan sobre as 11.00 horas no Pavillón de Deportes de Arantei, onde estarán instalados os diferentes postos de venda de tickets para a degustación de polbo, orellas, callos, empanada, lamprea rechea e demais manxares, que deleitarán os padais máis exquisitos. Tamén se poden comprar as correspondentes xerras e cuncas para que os asistentes poidan degustar viño gratis durante todo o día. A partir das 12.00 horas procédese á lectura do pregón da festa. A xornada estará animada pola música, normalmente sempre dalgunha charanga e algún grupo de gaitas. Durante a festa faise unha tómbola coa que se repartirán grandes premios e tamén levará a cabo unha mostra de fotografías sobre a vendima.
 
FESTA DO "VIÑO ARTESÁN"
 
Data: primeira fin de semana de Agosto.
Lugar: A Regueira.
Descrición: Desde o ano 1997 leva celebrando esta tradicional Festa do Viño Artesán, festa na que, todos os asistentes poderán degustar de forma gratuíta o viño artesán da zona, acompañado de churrasco, polbo, sardiñas, empanada e outros deliciosos manxares. 
 
FESTA DO EMBUTIDO DE ALXÉN
 
Data: mediados de Abril.
Lugar: Torreiro de Festas.
Descrición: Desde o ano 2011 leva celebrando esta festa do Embutido, na que desde as 10 de mañá ata as 8 da tarde poderanse degustar tapas de xamón, ibéricos, queixo, chourizo ou lombo. Tamén hai un pulpeiro. A festa está animada por unha charanga e estará protexida por unha carpa con mesas e cadeiras. Nesta festa ten lugar unha saída típica de BTT, con avituallamiento, lavado de bicicletas e duchas gratuíto.


Festas patronais ou parroquiais


Unha festa patronal ou parroquial celébrase anualmente venerando a un santo patrón. Aquí podes consultar todas as parroquias de Salvaterra, en que data celebran a súa festa e a que santo é devota.
Volver
Share by: