Festa "Imos de Guateque"
Centos de persoas danse cita nese fin semana en Salvaterra de Miño para rememorar eses anos dourados dos 60, 70 e 80.
O recinto amurallado acolle o maior guateque de Galicia con música da época, cunha gran posta en escena, photocall, pero o mellor de todo, cunha magnífica acollida entre todos e todas participantes, xa que a maior parte deles mesmo se animan a vir caracterizados, algo que, ao o longo da noite prémiase cun sorteo ao mellor disfrace.
Preto das 03.00 horas tivo lugar o sorteo dunha cea, dunha fin de semana de relax e unha viaxe a Benidorm entre todos e todas aquelas que viñeron vestidos de época.
O número de asistentes a este evento rolda todos os anos as 5.000 persoas, segundo fontes municipais.
DATOS DE INTERESE:
Organismo responsable: Concello de Salvaterra de Miño
Prezo: Gratuíto
Data de celebración: Primeira fin de semana de Agosto
SERVIZOS:
Baños públicos
ACCESIBILIDADE:
Acceso para vehículos privados
Adaptado para persoas discapacitadas
LOCALIZACIÓN
Concello:
Salvaterra de Miño
Lugar: Reciento Amurallado
Coordenadas: Lat. 42.0803 Lon. -8.4967
PARA MÁIS INFORMACIÓN
986 658 126 - 986 658 082
animacion@concellodesalvaterra.org