Festa do Viño Chispeante

Festa do Viño Espumoso D.O. Rías Baixas


Presume de ser a única festa, en Galicia, dedicada a este produto: o viño espumoso, onde, en particular, réndese tributo ao viño espumoso amparado baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Desde a súa primeira edición no ano 2014, esta festa celébrase cada primeira fin de semana do mes de decembro no interior da Fortaleza de Salvaterra de Miño.

Trátase dunha oportunidade única para gozar da familia e amigos, asistir a cursos de catas de viños, showcookings, degustar a gastronomía local e facer provisión, para as festas de Nadal, deste máxico elixir que tan ben marida con todo. 

Salvaterra de Miño ten materia prima, un viño con potencial, de acidez e frescura moi equilibrada e unhas variedades de uva autóctonas moi aromáticas que dan como resultado un espumoso excepcional, o acompañamento ideal para calquera celebración.


LUGAR E DATA CELEBRACIÓN

Concello: Salvaterra de Miño
Lugar: Recinto Amurallado
Data: Primeira fin de semana de Dicembro


PARA MÁIS INFORMACIÓN
986 658 126 - 986 658 082
info@concellodesalvaterra.org
Volver
Share by: